Porto Meeting 2025: unha rede ibérica para promover a diversidade lingüística e o coñecemento libre 

Translate this post

Do 21 ao 25 de mayo, Porto Meeting 2025 xuntou no Porto e Miranda de Douro a representantes de comunidades lingüísticas minorizadas, persoas wikimedistas, investigadoras, estudantes e promotoras de desenvolvemento local, cun propósito común: fortalecer as linguas minorizadas dende os proxectos Wikimedia.

A xuntanza, organizada por Wikimedia Portugal, Facultade de Letras da Universidade do Porto, o Arquivo Municipal de Miranda do Douro, o Museo Terra-Mater e Wikimedia España, combinou sesións técnicas, obradoiros, presentacións académicas e actividades comunitarias.

Foi un espazo para conectar ciencia aberta, soberanía dixital e xustiza lingüística, co obxectivo de consolidar unha rede ibérica que impulse o desenvolvemento cultural e tecnolóxico destas linguas no ecosistema Wikimedia. 

Porto Meeting 2025: as linguas como territorio común

Os proxectos Wikimedia non só  son unha ferramenta para compartir coñecemento. Tamén son un espazo de resistencia, de preservación e de reconstrución cultural.

Do galego ó mirandés, pasando polo estremeño, o asturiano, o occitano, o eúscaro, o catalán, moitas linguas viven unha situación de desvantaxe estrutural fronte a linguas dominantes. Porto Meeting reivindicou o seu valor e mais o seu dereito a estar presentes no mundo dixital.

Antonio Gregorio Montes, participante por la Galipedia, resumía así o espírito do evento:

“Como soe suceder nas xuntanzas wikimedistas, o bo ambiente pasa por riba do tema, ao tempo que se establecen relacións que se espera frutifiquen máis adiante. Cada lingua e wiki asociada atópase nun momento diferente, con recursos distintos, pero co mesmo desexo de seguir vivas.”

Antonio sopesou as exposicións centradas en lingüística, especialmente na documentación e valorización de linguas minoritarias como o mirandés e o galego. Resaltou a importancia de ferramentas como Lingua Libre e Spell4Wiki para preservar a diversidade lingüística, e suliñou o papel clave da xente nova en proxectos como Txikipedia.

O paso do Porto a Miranda do Douro marcou unha transición cara un enfoque máis comunitario, con intercambios informais e celebracións culturais que fortaleceron as ligazóns entre participantes, mesmo sen aínda ter definidas colaboracións concretas, segundo afirmou Antonio. 

Comunidade, tecnoloxía e cultura: unha ecuación potente

O programa da xuntanza ofreceu de obradoiros sobre Lingua Libre, lexemas en Wikidata, ou proxectos como Txikipedia, a conversas sobre como construír normativas ortográficas, como no caso do mirandés. As sesións máis técnicas conviviron con momentos de diálogo más aberto e con actividades que celebraban a lingua dende o cotián: bailes, cantos, paseos polo patrimonio local.

Mentxu Ramilo, de Wikimedia España, destacou:

“Foi moi interesante coñecer o traballo en Ghana, o proxecto lexicográfico en mirandés e como ferramentas como Wikidata e Abstract Wikipedia poden axudar a revitalizar linguas minorizadas. O máis importante é crear unha rede ibérica de apoio e aprendizaxe mutuo.”

Mentxu destacou tamén a riqueza de aprendizaxes do Porto Meeting 2025. Emocionoulle en particular escoitar en estremeño a Tomás Antolín, un editor novo que usa Güiquipedia como vía para aprender e revitalizar esta lingua. A máis, para ela, crear unha rede ibérica de apoio técnico e comunitario é clave para que as linguas minorizadas atopen un espazo sólido no ecosistema Wikimedia.

Carlos Silva, de Wikimedia Portugal, compartiu unha valoración moi positiva como organizador:

“Este ano temos conseguido establecer ligazóns institucionais reais coa comunidade mirandesa. Algo que intentamos hai máis dunha década sen éxito. Esta vez, a veciñanza deu froito.”

Silva valorou o Porto Meeting 2025 como un grande avance respecto á edición anterior. Destacou a variedade de temas tratados, de técnicas lingüísticas ate ferramentas como Lingua Libre e os lexemas de Wikidata, e a esperada participación de Hugo López, de Wikimedia Francia. A máis, a mesa redonda do venres foi particularmente enriquecedora por contar con máis presenza wikimedista que académica, destacou.

En Miranda do Douro, logrouse por primeira vez un vínculo institucional sólido coa comunidade mirandesa, tras anos de intentos. Para Carlos, este contacto próximo foi clave e marca o inicio de novas colaboracións. A futura Fiesta de las Lhenguas será unha oportunidade para seguir tecendo alianzas entre comunidades lingüísticas ibéricas, afirma.

Unha rede que se está fraguando

Se algo deixou claro Porto Meeting 2025 é que a revitalización lingüística e cultural non se logra só con ferramentas dixitais, mais con comunidade e colaboración. Koldo Biguri, dende o País Vasco, expúxoo con claridade:

“Sería importante que a estas xuntanzas tamén viñeran docentes que editan nas súas wikipedias. Son quen poderían de xeito máis doado  animarse a replicar proxectos como Txikipedia en outras linguas.”

Koldo puxo en valor o traballo educativo que se está a realizar con Txikipedia, a versión xuvenil de Wikipedia en eúscaro, impulsada dende centros escolares por proxectos multidisciplinares. Sen embargo, lamentou que esta experiencia non estea a ser replicada en outras wikipedias, posiblemente pola falta de conexión con docentes do ámbito escolar. Propuxo involucrar a docentes que xa editan como vía para estender o modelo.

Por outra banda, sinalou que a sesión dedicada á colaboración entre wikipedias ibéricas foi breve e pouco concreta, aínda que ve un gran potencial para futuras sinerxias que espera se recollan pronto.

E para quen participaba por primeira vez, como Tomás, da Güiquipedia en estremeño, a experiencia foi transformadora:

“Isto non é só estar fronte a unha pantalla. Pódense facer moitas cousas. Podémonos axudar mutuamente. Iso enriquécenos.”

A xuntanza permitiulle ver más alá da edición en Wikipedia: conectar con persoas, proxectos e realidades diversas que amplían o sentido do traballo colectivo. Para Tomás, a aprendizaxe clave foi que Wikimedia é tamén comunidade, apoio mutuo e enriquecemento compartido.

Daniel Gordo Rodríguez, do Órgano de seguemento do estremeño e a súa cultura –(OSCEC), expresou o seu desexo de que xurdan máis persoas como Tomás, que usan Güiquipedia para aprender estremeño e documentar a cultura estremeña, algo que hoxe aínda custa lograr. Destacou que a xuntanza do Porto foi inspiradora porque potenciou a creación de comunidade más alá da tecnoloxía, integrando cultura, música e visitas.

Más alá do evento: un compromiso a longo prazo

Na etapa máis distendida de Miranda do Douro floreceron ideas informais e futuras colaboracións. Ana Afonso, de Biquipedia, cerrou cunha reflexión potente:

“Falamos, cantamos e bailamos en mirandés. Esta lingua, que hai séculos foi excluída ata das oracións, agora volve soar con forza. Pero as xuntanzas non abondan. Hai que ir ás escolas, ás universidades, e traer a máis persoas á Biquipedia. Temos que ir cara adiante.

Ana Afonso compartiu unha mirada emocional e simbólica sobre Porto Meeting 2025, que coincidiu co 480 aniversario da institucionalización do mirandés como lingua litúrxica. Aínda que valora estes encontros como espazos de inspiración e comunidade, advertiu que a revitalización lingüística real esixe chegar ás escolas e universidades, onde están as persoas con ferramentas para contribuír á Wikipedia.

Así tamén, Ana Salgado, da Academia das Ciências de Lisboa, suliñou como Porto Meeting 2025 amosou o valor da colaboración entre institucións académicas, comunidades lingüísticas e Wikimedia como motor para preservar y revitalizar linguas minorizadas.

Para ela, o encontro foi tamén unha oportunidade para mergullarse na cultura mirandesa, especialmente con momentos como a presentación de António Bárbolo Alves, que aportou unha mirada literaria sobre esta lingua.

Porto Meeting 2025: un paso máis

Os proxectos Wikimedia baséanse no principio de diversidade lingüística. Constitúen un esforzo colectivo para facilitar o acceso á información e o coñecemento no meirande número de linguas posible. A máis de facilitar o acceso ó coñecemento, serven para protexer as linguas minoritarias ou minorizadas.

Porto Meeting 2025 é un paso máis -decidido, colectivo e engaiolante- cara unha Wikimedia máis diversa, máis equitativa e conectada coa realidade dos pobos que resisten, crean e comparten nas súas propias linguas. 

A continuación, deixámoste máis información sobre esta xuntanza:

Can you help us translate this article?

In order for this article to reach as many people as possible we would like your help. Can you translate this article to get the message out?